Nomes-Galegos.info:Criterios e normas

Na Nomes-Galegos.info, a wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de abril de 2008 ás 10:58 por WikiSysop (Conversa | contribucións)

(dif) ** ?Revisión máis vella | ver revisión actual (dif) | Revisión máis nova? (dif)

Poderán engadirse...

  • Nomes galegos de home e de muller...
  • entendendo como tales en primeiro lugar os así incluidos na bibliografía sobre o tema;
  • tamén aqueles que noutras fontes históricas consten como pertencentes a persoas habitantes ou oriundas de Galiza, do reino Suevo, da Gallaecia romana ou dos territorios que antes da conquista de Roma fixesen parte dun territorio análogo cultural ou xeograficamente aos devanditos;
  • outros nomes, que aínda que non consten documentalmente como usados polos galegos, poidan ser considerados, a criterio dos responsables deste wiki, como interesantes achegas ou propostas para a renovación da antroponimia galega, seguindo criterios históricos, xeográficos ou culturais razoados por quen faga a proposta. Estes nomes serán identificados axeitadamente como propostas, para permitir a súa diferenciación.

Non se admitirán...

  • Nomes modernos procedentes doutras linguas (v.g. Jennifer, Kevin, Aitor, Igor, etc.) que non teñan tradición de uso no noso pobo.
  • Hipocorísticos que non teñan consideración como nome claramente diferenciado.

Estrutura da ficha

Todas as fichas de nome levarán a mesma estructura, así que se queres crear un nome novo neste wiki, deberás copiar a estrutura de calquera dos outros que xa existan. Tamén podes usar a Ficha baleira como punto de partida:

  • Pronuncia:
    • Como orientación seguimos as normas de transcrición habituais na Galipedia.
  • Variantes e outras formas:
    • Deben estar creadas como páxinas. Cando se crea a páxina correspondente ao nome principal, deben despois imediatamente crearse as páxinas correspondentes ás variantes, para non as deixar orfas. Simplemente incluirán o texto: Variante de... e o nome principal. Ás veces non é doado determinar cal é o nome que debemos crear como principal e cal o que debemos crear como variante. Velaquí algúns criterios que poden axudar para escollermos unhas formas como principais con respecto a outras:
      • As formas en ortografía do ILG-RAG serán principais con respecto a outras ortografías.
      • As formas que aparezan na bibliografía.
      • As formas propias de Galiza; p.ex. se existe un santo con culto tradicional en Galiza, pódese tomar o nome co que é máis coñecido este, como referencia para o nome principal (caso de Cidre).
      • As formas máis achegadas á forma orixinal (criterio etimolóxico) ou máis antigas.
    • Simplemente se listan separadas por comas.
    • Aceptaranse aquí variantes noutras grafías (reintegrada, nomeadamente), cun criterio o máis amplo posible. Se simplemente son variantes gráficas, recoméndase non crear as súas correspondentes páxinas.
  • Orixe e significado:
    • Se hai varias hipóteses, débese indicar nunha liña diferente cada unha, achegando a referencia ligada ao pé da páxina.
    • O formato básico será: orixe: (nome orixinal do que procede) significado.
  • Hipocorísticos:
    • Deben aparecer documentados nas fontes.
  • Equivalencias noutras linguas:
    • Tomaremos como referencia principal o castelán, por ser a referencia secundaria máis coñecida polos nosos usuarios potenciais, sobre todo os da diáspora. O português pódese considerar como variante (vid. supra).
    • Indicarase o idioma mediante o ISO de dúas letras do mesmo.
  • Nomes relacionados:
    • P.ex. Sonia con Sofia, Manuel con Xesús, Santiago con Xaime, etc.
    • Tamén se usará para relacionar as formas masculina e feminina dun mesmo nome: p.ej. Agostiño con Agostiña.
    • Debe estabelecerse a ligazón en ambos sentidos.
  • Galegos con sona:
  • Referencias e notas bibliográficas:
    • As xerais usadas na ficha, e as referenciadas como notas.

Ao final da páxina engadiranse as diversas categorías ás que pertenza o nome, incluíndo polo mínimo a alfabética (letra pola que comeza), a referida ao sexo e a da orixe.

Datos que non se coñezan

Os datos que non se coñezan dunha ficha serán simplemente indicados con puntos suspensivos: ...

Extensión de modificacións a nomes relacionados

Cando se actualice algunha información dun nome masculino, deberá terse en conta que probablemente exista un feminino relacionado no que cómpra realizar análoga modificación. Tamén pode que noutros, que deberían estar como relacionados na ficha.