Nomes-Galegos.info:Acerca de

Na Nomes-Galegos.info, a wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de abril de 2008 ás 11:12 por WikiSysop (Conversa | contribucións)

(dif) ** ?Revisión máis vella | ver revisión actual (dif) | Revisión máis nova? (dif)

Nomes-Galegos.info, é un wiki para o coñecemento e difusión da antroponimia galega.

A Asociación Cultural Fillos de Galicia crea este proxecto como ampliación dun dos contidos do seu portal Fillos.org: a escolma online de nomes galegos de home e de muller, para dotala de máis contidos e darlle vida propia. Dirixido a pais e nais, de Galiza e mais da Diáspora, que queiran buscar un nome galego para os seus fillos, así como para todos os interesados en coñecer máis sobre a nosa antroponimia.

O wiki nace con motivo d 17 de Maio de 2008, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia dentro da súa iniciativa MáisInternetMáisGalego, para unir unha parte moi valiosa da nosa lingua (a antroponimia) e as posibilidades de difusión que dá a Rede, así como de manter permanentemente viva a información, coa pretensión de se convertir nun dicionario online de nomes galegos. Asedame dos nomes tradicionais, tamén damos cabida a nomes prerromanos e a suxestións de novos nomes para a renovación da nosa onomástica persoal.

Como colectivo que une a galegos de Galiza e de calquera parte do mundo a onde o drama da emigración levo o noso pobo, queremos que mediante a onomástica poidamos tamén unirnos, como o tentamos facer mediante a lingua, a cultura, a gastronomía e outras aspectos da nosa identidade, e recoñecérmonos en calquera lugar como galegos os uns aos outros tamén polo noso nome, como outros pobos diaspóricos teñen feito ao longo da Historia (vascos, irlandeses, xudeus, gregos, italianos, etc.).