Diferenzas entre revisións de "Nomes-Galegos.info:Acerca de"

Na Nomes-Galegos.info, a wikipedia en galego.
(Etapa ao cargo de Fillos de Galicia)
(Etapa ao cargo de Casdeiro)
 
Liña 16: Liña 16:
  
 
Podes seguir o calendario de desenvolvemento do proxecto [[Nomes-galegos.info:Actualidade|na nosa páxina de actualidade]].
 
Podes seguir o calendario de desenvolvemento do proxecto [[Nomes-galegos.info:Actualidade|na nosa páxina de actualidade]].
 +
 +
=== Etapa ao cargo de Touda ===
 +
 +
En Outubro de 2011 ''Casdeiro'' cédelle a responsabilidade á [http://www.asociacion-touda.org/ Asociación Touda].
  
 
== O logotipo ==
 
== O logotipo ==

Revisión actual feita o 26 de setembro de 2012 ás 11:54

Nomes-Galegos.info, é un wiki para o coñecemento e difusión da antroponimia galega.

Historia e obxectivo

Etapa ao cargo de Fillos de Galicia

A Asociación Cultural Fillos de Galicia crea este proxecto como ampliación dun dos contidos do seu portal Fillos.org: a escolma online de nomes galegos de home e de muller, para dotala de máis contidos e darlle vida propia. Dirixido a pais e nais, de Galiza e mais da Diáspora, que queiran buscar un nome galego para os seus fillos, así como para todos os interesados en coñecer máis sobre a nosa antroponimia.

O wiki nace con motivo d 17 de Maio de 2008, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia dentro da súa iniciativa MáisInternetMáisGalego, para unir unha parte moi valiosa da nosa lingua (a antroponimia) e as posibilidades de difusión que dá a Rede, así como de manter permanentemente viva a información, coa pretensión de se convertir nun dicionario online de nomes galegos. Asedame dos nomes tradicionais, tamén damos cabida a nomes prerromanos e a suxestións de novos nomes para a renovación da nosa onomástica persoal.

Como colectivo que une a galegos de Galiza e de calquera parte do mundo a onde o drama da emigración levou o noso pobo, pretendía que mediante a onomástica poidamos tamén unirnos, como o tentamos facer mediante a lingua, a cultura, a gastronomía e outras aspectos da nosa identidade, e recoñecérmonos en calquera lugar como galegos os uns aos outros tamén polo noso nome, como outros pobos diaspóricos teñen feito ao longo da Historia (vascos, irlandeses, xudeus, gregos, italianos, etc.).

Etapa ao cargo de Casdeiro

Desde Abril de 2010 o web é responsabilidade particular de Manuel Casal Lodeiro, (a) Casdeiro, quen fora o creador dos contidos seminales do mesmo e que acollera no seu día a asociación Fillos de Galicia.

Podes seguir o calendario de desenvolvemento do proxecto na nosa páxina de actualidade.

Etapa ao cargo de Touda

En Outubro de 2011 Casdeiro cédelle a responsabilidade á Asociación Touda.

O logotipo

O logotipo está baseada nunha famosa inscrición epigráfica achada en 1994 en San Pedro de Mera e que se conserva no Museo Arqueolóxico de Lugo, adicada a unha rapaza da tribu dos celtas supertamáricos polo seu irmán. Foi escollida por representar graficamente á familia (función familiar deste wiki), por ser unha mostra do noso legato menos coñecido e utilizado (nomes prerromanos, fonte destacada deste wiki, nunha inscrición latina, base do actual noso idioma galego), e por incluir tanto o nome da rapaza, do seu irmán, do seu pai e da tribu (múltiple onomástica). A inscrición (substituída no logotipo polo nome deste wiki) di: APANA AMBOLLI F(filia) CELTICA SVPERTAM(arica) [ ] MIOBRI AN(norum) XXV H(ic) S(itus) E(st) APANVS FR(ater) F(aciendum) C(uravit). Traducido: Apana, filla de Ambolo, céltica Supertamarica do castro de Miobro (ou Miobre), morta á idade de 25 años, xace aquí. O seu irmán, Apanus, foi o promotor desta dedicatoria.

Método

Tras estabelecermos unha estrutura tipo para cada páxina (cada ficha de nome) comezamos a traspasar o listado de nomes que existía na Enciclopedia de Fillos de Galicia, deixando os campos non existentes naquela, baleiros e pendentes de completarmos nunha seguinte fase.

Nesa seguinte fase, vanse completando pouco a pouco os nomes, por medio das fontes bibliográficas. Posteriormente as achegas de máis colaboradores van completando e engadindo novos nomes non recolleitos no listado inicial.

Como colaborares

Se desexas dispoñer dunha conta como editor deste wiki, escríbenos a coordinacion ARROBA nomes-galegos PUNTO info.

O proxecto en cifras