Nomes-Galegos.info:Actualidade

Na Nomes-Galegos.info, a wikipedia en galego.

2008

  • Xaneiro de 2008:
    • Concíbese o proxecto e preséntase á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia na procura de financiamento.
    • O proxecto á aprobado.
  • Abril de 2008:
    • Instalación do wiki.
    • Comeza a introdución dos primeiros nomes, partindo da Enciclopedia de Fillos de Galicia.
    • Comezan as primeiras colaboracións externas a Fillos.
    • Priorízanse a creación de fichas antes que o seu enchido.
    • Dentro do enchido de páxinas priorízase:
  1. Orixe e significado, categorías, variantes, referencias.
  2. Hipocorísticos, nomes relacionados.
  3. Pronuncia.
  4. O resto de datos queda nos máis dos casos para máis adiante.
  • Maio de 2008:
    • Preséntase ao público o proxecto con motivo do día das Letras Galegas + día de Internet.
    • O estreno público faise o 1 de Maio, unha data moi especial para os pobos célticos, de especial significado conmemorativo dentro das lendas que nos relacionan aos galegos co pobo de Eire, festa do deus Bel e comezo do verán celta.
    • Debido a problemas técnicos cos accesos dos primeiros colaboradores, a extensión dos contidos é para esa data máis limitada do provisto.
    • Segundo se achega o día 17 de Maio, e debido a que continúan os problemas para accederen os colaboradores, a extensión dos contidos segue retrasada. Faise un esforzo para que cando menos estean creados todas as fichas de nomes principais que faltan con respecto ao libro principal de referencia, o de Xesús Ferro Ruibal (vid. fontes). Quedan pendentes un gran número de nomes prerromanos que xa foran identificados noutra bibliografía.
    • 16 de Maio de 2008: Tras rematarmos a creación de páxinas para cada nome principal das nosas principais fontes de referencia, superamos as 1.500 fichas.

2010

  • Febreiro 2010:
  • Marzo 2010:
    • Dentro do proceso Un futuro para Fillos, Casdeiro ofrécese á asociación cultural Fillos de Galicia para asumir a propiedade e continuidade do wiki.
  • Abril 2010:
    • Os socios de Fillos de Galicia aproban a proposta presentada por Casdeiro e a partir dese momento asume el a propiedade e control do wiki.
  • Setembro 2010:
    • Fillos de Galicia traslada os seus contidos a outros servidores dentro do seu proceso de actualización Fillos 5.0. O wiki é trasladado a un hosting persoal de Casdeiro. Problemas técnicos deixan desactivado o acceso ás páxinas do mesmo e o funcionamento das contas de correo do dominio.
    • Desaparecen os banners promocionais que xestionaba Fillos de Galicia.
  • 7 de Novembro de 2010:
    • Restáurase o acceso normal ás páxinas do wiki.
    • Comezan a incorporarse certos cambios nos contidos para informar no novo responsable do proxecto.
    • Restáurase o funcionamento das contas de correo coordinador e nomes-galegos no servidor nomes-galegos.info.
    • Recupérase a posibilidade de realizar edicións distribuídamente, ao se solucionar o problema técnico que limitaba as edicións so SysOp.

2011

2012

  • Setembro 2012:
    • Detectamos problemas coas ligazóns dos artigos cuxo título contén un acento así como con algunhas categorías, cuxa ligazón desde as páxinas categorizadas semella non funcionar.

Véxase tamén