Nomes-Galegos.info:Historia

Na Nomes-Galegos.info, a wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de abril de 2008 ás 10:52 por WikiSysop (Conversa | contribucións)

(dif) ** ?Revisión máis vella | ver revisión actual (dif) | Revisión máis nova? (dif)
  • A primeira escolma que foi o cerne a partir disto que vedes aquí creado en Febreiro do 1998 por Casdeiro.
  • A finais de Marzo dese mesmo ano pasa a formar parte dun proxecto da empresa que por aquel entón creara Casdeiro (S.I.M.I.L. Multimedia), denominado Web Linguarum, que pretende xuntar todos os servicios gratuitos baseados en web desta empresa que teñan que ver cos idiomas.
  • Despois do peche de S.I.M.I.L. Multimedia, e tras un importante periodo de inactividade, pasa en Maio do 2000 ás páxinas de Fillos de Galicia como un servicio máis á comunidade emigrante...
  • Na trasformación do portal Fillos.org (Fillos 2.0) realizada en Marzo de 2005, pasa a integrarse dentro da Enciclopedia de Fillos.
  • Vai ampliando os seus contidos pouco a pouco grazas a achegas de diversos membros de Fillos ata que en 2008, con motivo da axuda económica da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia se lle dota de personalidade propia, baixo o dominio Nomes-Galegos.info, e trocando o tipo de páxinas ao formato wiki para unha máis doada actualización e unha maior difusión.
  • Segue o resto da nosa historia na páxina de actualidade