Nomes-Galegos.info:Actualidade
Na Nomes-Galegos.info, a wikipedia en galego.
Índice
2008
- Xaneiro de 2008:
- Concíbese o proxecto e preséntase á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia na procura de financiamento.
- O proxecto á aprobado.
- Abril de 2008:
- Instalación do wiki.
- Comeza a introdución dos primeiros nomes, partindo da Enciclopedia de Fillos de Galicia.
- Comezan as primeiras colaboracións externas a Fillos.
- Priorízanse a creación de fichas antes que o seu enchido.
- Dentro do enchido de páxinas priorízase:
- Orixe e significado, categorías, variantes, referencias.
- Hipocorísticos, nomes relacionados.
- Pronuncia.
- O resto de datos queda nos máis dos casos para máis adiante.
- Maio de 2008:
- Preséntase ao público o proxecto con motivo do día das Letras Galegas + día de Internet.
- O estreno público faise o 1 de Maio, unha data moi especial para os pobos célticos, de especial significado conmemorativo dentro das lendas que nos relacionan aos galegos co pobo de Eire, festa do deus Bel e comezo do verán celta.
- Debido a problemas técnicos cos accesos dos primeiros colaboradores, a extensión dos contidos é para esa data máis limitada do provisto.
- Segundo se achega o día 17 de Maio, e debido a que continúan os problemas para accederen os colaboradores, a extensión dos contidos segue retrasada. Faise un esforzo para que cando menos estean creados todas as fichas de nomes principais que faltan con respecto ao libro principal de referencia, o de Xesús Ferro Ruibal (vid. fontes). Quedan pendentes un gran número de nomes prerromanos que xa foran identificados noutra bibliografía.
- 16 de Maio de 2008: Tras rematarmos a creación de páxinas para cada nome principal das nosas principais fontes de referencia, superamos as 1.500 fichas.
2010
- Febreiro 2010:
- Tras un prolongado impasse, engadimos máis dun centenar de nomes femininos célticos.
- A asociación cultural Fillos de Galicia recoñécese incapaz de continuar xestionando diversos proxectos, entre eles Nomes-Galegos.info e pon en marcha o proceso Un futuro para Fillos no que os ofrece a quen queira xestionalos mantendo a súa filosofía.
- Marzo 2010:
- Dentro do proceso Un futuro para Fillos, Casdeiro ofrécese á asociación cultural Fillos de Galicia para asumir a propiedade e continuidade do wiki.
- Abril 2010:
- Os socios de Fillos de Galicia aproban a proposta presentada por Casdeiro e a partir dese momento asume el a propiedade e control do wiki.
- Setembro 2010:
- Fillos de Galicia traslada os seus contidos a outros servidores dentro do seu proceso de actualización Fillos 5.0. O wiki é trasladado a un hosting persoal de Casdeiro. Problemas técnicos deixan desactivado o acceso ás páxinas do mesmo e o funcionamento das contas de correo do dominio.
- Desaparecen os banners promocionais que xestionaba Fillos de Galicia.
- 7 de Novembro de 2010:
- Restáurase o acceso normal ás páxinas do wiki.
- Comezan a incorporarse certos cambios nos contidos para informar no novo responsable do proxecto.
- Restáurase o funcionamento das contas de correo coordinador e nomes-galegos no servidor nomes-galegos.info.
- Recupérase a posibilidade de realizar edicións distribuídamente, ao se solucionar o problema técnico que limitaba as edicións so SysOp.
2011
- Outubro 2012:
- A Asociación Touda faise cargo da propiedade e xestión do proxecto.
2012
- Setembro 2012:
- Detectamos problemas coas ligazóns dos artigos cuxo título contén un acento así como con algunhas categorías, cuxa ligazón desde as páxinas categorizadas semella non funcionar.